Un ano máis, o Concello de Ortigueira presenta a súa edición anual do Festival do Mundo Celta.
A XXXII edición do Festival Folk máis importante do mundo promete importantes novedades que foron presentadas no stand de Galicia en FITUR en roda de prensa por:

  • A Concelleira de Cultura da Xunta de Galicia, Dña. María Isabel Gonzalez
  • O Alcalde de Ortigueira, D. Juan Penabad Muras
  • O coordinador do Festival, D. Alberto Balboa Rodriguez.

Durante o acto, a organización do Festival presentou as súas novas liñas de actuación que axudarán a que siga sendo un referente mundial e unha cita anual ineludible para os amantes do folk.

Do 14 ao 17 de xullo, músicos de primeiro nivel a nivel internacional daranse cita no escenario principal de Ortigueira compartindo escena con referentes como Milladoiro.
Será precisamente este grupo (e a súa participación no Festival de 2014) o protagonista dun DVD que se completará con imaxes inéditas e históricas do Festival e que, sen duda, “fará as delicias dos incondicionais” asegurou o coordinador do Festival, Alberto Balboa.

O ambicioso plan de implementación do Festival, inclue a creación dunha axenda cultural anual e continua. D. Juan Penabad destacou que esto “os concertos que terán lugar no teatro da Beneficencia, na Igrexa ou en outros espacios, farán de Ortigueira un escenario para escoitar todo tipo de música celta e de cultura de diversos países en calqueira época do ano”.
No acto aproeitouse tamén para anunciar a candidatura de Ortigueira a formar parte do programa “Creative Europe Culture” xunto con outros festivais en Noruega e Inglaterra que xeneraría un proxecto conjunto de música e arte que se levará a cabo en cada un destos países durante 2016 e 2017.
Os novos impulsos que este proxecto poden ter para o Festival, fan pensar nunha nova liña de actuación de cara a próximos anos.

Sen duda algunha, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, cumpre 32 anos con máis forza que nunca para seguir crecendo e ofrecer aos miles de folkies que cada ano se acercan a esta localidade o mellor Festival folk do mundo.