Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o primeiro dos tres finalistas que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. 

 

Groovy Celtic Band é unha banda de seis experimentados músicos estremeños que comparten a súa paixón pola música irlandesa e a música tradicional do arco atlántico. Levan tocando xuntos máis de vinte anos en formato “session” en diversos e  icónicos lugares e recunchos da Cidade Monumental de Cáceres. Froito de miles e miles de “sessions” e do gran entusiasmo que espertan no seu numeroso público foi que naceu esta peculiar banda estremeña hai case 10 anos.

 

Os seus compoñentes son o guitarrista, Pedro Mario López ao bouzouki e baixo, o frautista, Miguel Ángel Sánchez, o batería, Raúl Salcedo, o violinista, Héctor Alviz, o guitarrista e whistle, Pedro Antonio Sánchez e a cantante, Carmen Loren ao  bodhran, baixo e a voz.

 

A banda atópase neste momento e desde hai un ano traballando na produción e gravación do seu primeiro disco de estudio que verá a luz no outono de 2021. “ Groovy Celtic Band” o seu disco homónimo, trátase dun traballo discográfico formado por 11 sets, catro temas vogais e un bonus  track. Nove dos trece cortes do disco son de composición propia, creados polo frautista do grupo, Miguel Ángel Sánchez e o guitarrista e  Whistle, Pedro Antonio Sánchez.

A banda pretende con este disco render unha humilde homenaxe ás orixes celtas de Estremadura. Como asegura un dos compositores do grupo, Pedro Antonio Sánchez, “con estas músicas compostas en e desde a nosa terra Estremadura, buscamos facer un tributo ao pobo celta Vetton, orixe ancestral do pobo estremeño e de moitas das tradicións populares herdadas, que aínda se celebran nos nosos días. Ademais, con este disco a banda pretende poñer o foco tamén na unión cultural e milenaria que ten o pobo estremeño cos outros pobos celtas do norte da península como os Galaicos, Astures e Cántabros, a través da antiga, máxica e prolífica Vía da Prata e polo seu posto da música, que é a fonte que uniu culturas a través dos séculos”.

Na súa páxina de Facebook poderanse atopar todas as novidades sobre  Groovy Celtic  Band  https://www.facebook.com/groovycelticband

Segundo rezan as bases do Concurso Runas 2021, para a puntuación final os finalistas determináronse por un sistema de cinco puntuacións. A primeira derivada da votación popular na páxina web do festival, e as outras catro puntuacións proceden dun xurado composto por músicos e profesionais do sector seleccionados polo Concello, que analizaron para o seu veredicto a relación de cada proposta coa filosofía e tradición musical propia do festival, en sintonía coa programación artística do evento de 2022.

 

Esta edición contou coa suma de 28.714 votos por parte do público, a estes sumáronselle os emitidos polo xurado, dando como resultado unha das votacións máis axustadas da historia do Concurso  Runas. 

 

XURADO CONCURSO  RUNAS 2021

- Bruno Lozano, músico, gaiteiro e presidente da  Escola de Gaitas de Ortigueira. 

- Ángel Lozano, concelleiro de Deportes e Festival do Concello de Ortigueira.

- Alberto Balboa, coordinador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

- Sabela Docampo, membro do Gabinete de Prensa e Redes Sociais do Festival de Ortigueira, directiva do RC Toxos e Froles de Ferrol e profesora de baile tradicional.

 

Os outros dous finalistas que acompañarán a Groovy Celtic Band na actuación de 2022 serán comunicados mañá xoves 29 e pasado venres 30 a través das redes sociais e a web do Festival. 

 

A organización quere agradecer as numerosísimas mostras de agarimo do público e o apoio en forma de participación de todos os grupos apuntados no Concurso  Runas 2021. Grazas a  tod@s por participar! 

 

Máis información na nosa web www.festivaldeortigueira.com

 

Contacto: Elisardo de la Cruz 981138225 / Ramón Roldán 658811400 | prensa@festivaldeortigueira.com