O Comité técnico do Proxecto Runas 2016 da organización do Festival internacional do Mundo Celta de Ortigueira acaba de dar a coñecer a resolución dos grupos seleccionados para a seguiente fase.

Os devanditos grupos son:

  • BÖJ - Galicia.
  • BRUMA FOLK -  Cantabria.
  • COANHADEIRA - Galicia.
  • EL GUETO CON BOTAS - Andalucía.
  • IPARKFOLK - Navarra.
  • MARTINA QUIERE BAILAR - Madrid.
  • O VAL DAS MOURAS - Cataluña.
  • RODRIGUEZ CELTIC BAND -  Andalucía.
  • SEISIÚN - Costa Rica.
  • WOODEN LEGS - Italia.
  • ZOADEIRA - Galicia.

 

A partires do día 6 de maio, serán colgados na páxina web do festival (www.festivaldeortigueira.com), para a votación polos internautas,  xunto con outros catro membros do xurado, escollidos pola organización do Festival, entre promotores, músicos, xornalistas, etc.

O resultado final e os finalistas que actuarán no Escenario do Festival na noite do 14 de xullo, será dado a coñecer o próximo 25 de maio.