Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de bandas para o Proxecto Runas 2020, xa se poden votar na web do festival. Recibiuse a participación de 35 bandas, o récord de participación e internacionalidade nas dúas décadas de historia do concurso.

Reunido o comité técnico do Concello de Ortigueira para avaliar as propostas presentadas como candidatos a finalistas, e a súa relación coa música propia do festival, en sintonía coa programación artística do evento, procedeuse a selección das bandas que se clasifican para a segunda fase, dando inicio ás votacións online, desde hoxe 22 de xuño, ata as 14:00 h do mércores o 8 de xullo.


Os finalistas determinaranse por un sistema de cinco votos. Un voto sairá da votación popular realizada na seguinte ligazón https://festivaldeortigueira.com/runas e os outros catro votos procederán dun xurado composto por músicos, xornalistas musicais e profesionais do sector seleccionados polo concello. As 10 bandas seleccionadas son as seguintes:

AIROA - Galicia
ASOCIACIÓN FAÍSCAS DA PONTRAGA - Galicia
TAVERNA - Brasil
DEIRA - Asturias
ERISKA - Escocia
HOLIDAY CLUB - Escocia
MAELOC - Castilla la Mancha
TRIBU CENDRA - Madrid
TRISKEL FUSIÓN CELTA - Arxentina
WOODEN LEGS - Italia
Grazas a tod@s por participar!