Cargando...

Ortigueira recibe a David Pasquet, considerado un auténtico renovador da escena folk bretoa como tañedor da tradicional bombarda, arranxista e compositor. Será o seu debut no Internacional do Mundo Celta.

Pasquet formou parte dende comezos dos noventa de grupos como Ar Re Yaounank do que foi bombarda solista, Tayfa ou a banda do cantante Denez Prigent.  Xa na última década inicia a súa andaina ao fronte do seu propio proxecto musical, que combina o tradicional coa electrónica ou o rap.

O primeiro disco do grupo, “Breudeur ar Stered” ve a luz en xuño do 2005, acadando o premio ao “mellor disco producido en Bretaña”. En decembro do 2007, David Pasquet lanza o seu segundo álbum « Sa différence », no que o grupo propón un repertorio de máis contraste, co que gaña moitísima forza en escea.