Volve a Ortigueira seis anos logo de triunfar no Escenario Estrella Galicia e, anteriormente, no Runas. Difícil de clasificar, a banda sevillana, xurdida en 1992, gañouse a pulso un oco no panorama folk do país e probou sorte a nivel internacional (Irlanda, México…)
Con bo criterio, o grupo pasou de etiquetas e posicións puristas, enriquecendo o seu produto con elementos máis propios doutros estilos. Así, as melodías celtas tradicionais das súas orixes deron paso rápido a un son mestizo, acorde coa súa inquietude pola experimentación.
Funde, de xeito natural, música de raíz con jazz, rock e unha presenza contundente da electrónica, que gaña terreo disco a disco. Presentan os temas do seu cuarto e, polo momento, último álbum, «Natural fractals» (2008), autoproducido do mesmo xeito que o seu anterior Cd «Unimaverse», que supuxo a consolidación do proxecto musical.
- Máis Información: Web oficial de Rare Folk
Anos participación
Festival:
- 2010