Header Image

Aviso legal

CONDICIÓNS DE ACCESO

  • O acceso á web www.festivaldeortigueira.com supón a aceptación plena polo/a usuario/a de todas as Condicións da presente Información Legal, polo que se non está de acordo co contido da mesma deberá absterse de facer uso da web.
  • O/ usuario/a comprométese a facer uso da web ou os seus servizos e contidos conforme ao disposto pola lexislación vixente aplicable. O Festival de Ortigueira resérvase o dereito a denegar o acceso á web, sen necesidade de previo aviso, a calquera usuario/a que non respecte as condicións dispostas nesta Información Legal.
  • O Festival de Ortigueir resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións.

REXISTRO DE ACCESO

  • Esta web emprega cookies para o acceso dos usuarios/as a determinados contidos. Estas cookies tan só asocian anonimamente un usuario/a ao seu equipo para o proceso de xeración de estatísticas e control de acceso, sen proporcionar referencia algunha da que se poidan obter datos persoais. No caso de que haxa unha utilización de cookies do que se poida derivar algún dato de carácter persoal, o/a usuario/a será informado convenientemente de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
  • A web conserva os accesos en ficheiros log para comprobar as dinámicas de navegación pola web. Este log almacena a data, hora, procedencia dos usuarios/as, website do que provén, páxina ás que accede e navegador que utiliza. Estes datos non son asociados a ningunha persoa.

CONTIDOS PROPIEDADE DO FESTIVAL ORTIGUEIRA

  • Os contidos desta web están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial do Festival de Ortigueira ou de terceiros. Non está autorizada (e será perseguida) a reprodución total ou parcial dos datos e contidos non dispostos para o uso explícito, aos que se teña acceso na web ou se utilizaran contravindo a lexislación vixente en materia de propiedade industrial e intelectual.
  • Os contidos textuais, gráficos, audiovisuais e documentais localizados na sección de Profesionais están dispostos explicitamente para a utilización estritamente profesional por parte dos usuarios/as que dispoñan deles para ese fin, e sempre especificando, no contexto onde se publiquen, a autoría e fonte da/s peza/s publicada/s, no caso de que esa autoría estea indicada na peza.
  • Os/as usuarios/as que crean que os seus dereitos de propiedade intelectual estean sendo infrinxidos polo uso non autorizado dos seus traballos protexidos presentes nesta web, poden porse en contacto co Festival de Ortigueira e solicitar que o contido sexa retirado.

CONTIDOS DE USUARIOS/AS

  • O/a usuario/a acepta ceder a título gratuíto a esta web os dereitos de reprodución, distribución, transformación e comunicación pública, en todas as posibles modalidades, da obra que envía, para todo o mundo e pola duración máxima actualmente prevista na lei para a protección dos dereitos cedidos e con facultade de cesión a terceiros.
  • O/a usuario/a que remite a obra (que poderá estar constituída por texto, e fotografías) garante ser titular dos dereitos de propiedade intelectual que por virtude deste contrato cede e, no seu caso, manterá indemne a esta web fronte a calquera reclamación de terceiros derivada do incumprimento da citada garantía.

Enviando a súa obra a esta web, o/a usuario/a acepta as seguintes condicións

  • Os administradores da web decidirán sobre a idoneidade da obra a efectos da súa publicación e poderán adaptala ao formato convinte para a súa publicación.
  • Non se aceptarán pezas que afecten aos seguintes principios: dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, respecto á dignidade da persoa, principio de non discriminación por motivos de raza, sexo, relixión, opinión, nacionalidade, discapacidade ou calquera outra circunstancia persoal ou social, así como outros principios que poidan resultar vulnerados.

O/a usuario/a declara, asegura e confirma a esta web:

  • Que é maior de 18 anos.
  • Que os seus datos identificativos son certos e verificables.
  • Que é o autor material da obra que envía, que é orixinal e non foi plaxiada nin substraída de terceiras persoas.
  • Que, no caso de enviar fotografías ou pezas audciovisuais nas que aparezan persoas, éstas foron feitas co seu consentimento, que son maiores de idade, e que aceptan as consecuencias do envío.
  • O/a usuario/a faise responsable destes envíos e, polo tanto, manterá indemne a esta web polo posible incumprimento das citadas garantías.

EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE

  • A información publicada nesta web non pretende substituír servizos en ningún ámbito profesional.
  • Atendendo aos procesos de comunicación electrónica, o Festival de Ortigueira non garante que o acceso á páxina non poida ser interrompido, sufrir atrasos, ou errar.
  • En caso de interrupción do subministro da información, parcial ou total, de www.festivaldeortigueira.com por causas alleas ao Festival de Ortigueira, a empresa porá todos os medios para repor canto antes o acceso á información..
  • Esta web contén enlaces a páxinas web alleas ao Festival de Ortigueira, o que non supón a aceptación de responsabilidade algunha sobre o contido de devanditas webs. Unha vez que un usuario/a se atope nunha destas webs deberá aterse ás indicacións legais que esa web indique. No caso de que un usuario/a considere que algún dos enlaces leva a unha páxina web inadecuada, pode porse en contacto connosco para propor a súa eliminación ou modificación.

MODIFICACIÓN DA WEB DO FESTIVAL ORTIGUEIRA

  • O Festival de Ortigueira resérvase a facultade de executar nos contidos da súa web os cambios que considere oportunos, así como de suspender o seu acceso en calquera momento e sen previo aviso.
  • O acceso e o uso que se fagan dos contidos da web son responsabilidade do usuario/a. O Festival de Ortigueira non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse de devandito acceso ou uso da información.
  • O Festival de Ortigueira resérvase o dereito de facer as modificacións pertinentes na presentación, configuración, localización, condicións e contidos da web.