Custo total do curso: 200€
As prazas están limitadas a 25 e serán ocupadas por estricta orde de pre-inscrición
Presentación do proxecto
Breve descrición
O Laboratorio de Cántigas Novas 2025 é unha iniciativa do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que busca impulsar a creación artística a partir da riqueza da lírica galega de tradición oral. Este espazo formativo está dirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, en colaboración coa Escola de Gaitas de Ortigueira.
Ao longo de cinco meses, o laboratorio ofrece un programa único que combina investigación, creación colectiva e individual, e actividades comunitarias. O obxectivo principal é promover a creación de novas cántigas e pezas musicais, resignificando o patrimonio herdado e abrindo diálogos con outros estilos e formas poéticas.
Un proxecto pensado para nutrir a creatividade persoal e comunitaria, posicionando a música galega contemporánea como referente emerxente dentro das músicas tradicionais ibéricas.
Obxectivos do laboratorio
- Promover a creación autoral: Facilitar un espazo onde os participantes poidan explorar e desenvolver novas cántigas, melodías e composicións a partir da riqueza da lírica galega de tradición oral.
- Revalorizar o patrimonio musical galego: Integrar e resignificar o legado musical herdado, fomentando a conexión entre tradición e innovación artística.
- Nutrir a creatividade colectiva e individual: Inspirar aos participantes a transformar ideas, experiencias e paisaxes persoais en cancións, impulsando a expresión persoal e o traballo en equipo.
- Fomentar o diálogo entre estilos: Establecer pontes entre a música tradicional galega e outros xéneros e formas poéticas contemporáneas.
- Crear un vínculo coa comunidade local: Incorporar as vivencias e a idiosincrasia da comarca de Ortigueira como fonte de inspiración para as composicións, a través de actividades etnográficas e convivios comunitarios.
- Formar novos referentes: Apoiar o desenvolvemento de artistas que contribúan a fornecer a música galega como referente no panorama do folclore ibérico e europeo.
- Difundir o traballo creativo: Presentar as obras resultantes no marco do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, dándolles visibilidade a nivel nacional e internacional.
Información básica
Lugar: Escola de Gaitas de Ortigueira. Rúa do Príncipe 55, Ortigueira, A Coruña.
Comezo: 8 de marzo de 2025.
Duración: 5 meses. 12 Sábados alternos.
Horario: De 16.00h a 20.00h.
A quen vai dirixido: Toda persoa maior de idade interesada na composición lírica e
musical ou no emprego artístico da lingua galega.
Número de prazas: 25 prazas, por orde de matriculación.
Matrícula: 200€
Información e matriculación: lab@festivaldeortigueira.com