Header Image

Bagad Kemper

Unha representación da bagad máis importante do mundo abrirá a sesión de macroconcertos do sábado. Con medio século de vida, esta banda, composta por corenta músicos –divididos en tres grupos ou «pupitres» seguindo a denominación que eles lle dan: gaitas, bombardas e percusión- é herdeira do rico patrimonio musical das terras bretonas.

A base do seu repertorio son marchas, bailes e melodías da rexión. Pero tamén compón, aranxa pezas doutros estilos e introduce instrumentos. Por iso reivindica para a súa música o calificativo de «actual», máis aló do tradicional e celta.

Bagad Kemper visitou os escenarios de medio mundo e ten colaborado con diversas figuras do folc. Sen ir máis lonxe, no seu sexto e último álbum, Sud ar su, participa a gaiteira Susana Seivane.

Anos participación
Festival:
  • 2005
  • 2007