Header Image

CAAMAÑO & AMEIXEIRAS

Galicia

Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa corta pero intensa traxectoria, un grande número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra de ela e no ámbito internacional.

De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal cuidadosamente escollido, Caamaño&Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular pero incorporan recursos contemporáneos.

Anos participación
Festival:
  • 2022