Lonxe queda aquel «Tolemia» e a transgresora imaxe coa que se fixo popular en 1999, ano en que debutou en Ortigueira. Desde entón, máis dunha década de intenso traballo: discos en solitario como gaiteira (“Xilento” e “Misturados”) e como pianista (“From Russia to Brazil”), unha vintena longa de colaboracións con outros artistas e concertos por todo o mundo.
Agora, tras unha estancia máis que produtiva en Nova Iorque e trunfar internacionalmente en ambos os campos, volverá subirse ao Estrella Galicia para presentar o seu álbum recentemente editado. En “The Galician Connection”, a artista achega e conecta piano e gaita á música contemporánea, as vangardas e o jazz.
Trátase dun traballo intimista e arriscado, con colaboracións, entre outras, de Rosa Cedrón e a mezzo Patrice Jegou, e composto por unha ducia de temas. O disco sintetiza a formación clásica de Pato e o seu amor polos sons máis tradicionais. Abre nova etapa profesional e faino rodeada de colaboradores de excepción. Sorprendente.
- Máis Información: Web oficial de Cristina Pato
Anos participación
Festival:
- 2010