O gaiteiro máis «cinéfilo» presenta en Ortigueira o seu último proxecto, o grupo Bad Haggis. Medio cento de bandas sonoras de películas como Million Dolar Baby, Brave Heart, Titanic e colaboraciónss coas principais figuras do pop-rock cimentan o prestixio e a popularidade de Rigler, que ademais é membro tamén de Skydance, a formación folk do violinista escocés Alasdair Fraser.
No Festival fará gala da súa solvencia coas gaitas escocesa e irlandesa, capitaneando unha formación que completan guitarra, violín, baixo, percusión, batería e voces. A súa fusión é a base do que califican na súa web como a «música celta do novo milenio», a saber, mestura de world music con jazz e pinceladas de rock. Composicións propias e pezas tradicionais conforman o repertorio do grupo que, dende a súa orixe no 2004, resóllese nun dvd e tres discos, o último é «Wine Dark Sea», editado o pasado ano.
NULL
- Máis Información: Web oficial de Eric Rigler & Bad Haggis
Anos participación
Festival:
- 2007