Header Image

Fía na Roca

Nova aliñación para un proxecto actualizado. A banda, xurdida a principios dos noventa como unha aposta de renovación do folk galego, regresa a Ortigueira tras sete anos de ausencia.   Fía na roca volve co álbum Vente vindo (2007), co que dá un xiro notable á súa proposta musical. Despois de tres discos de estudo e un directo (Fía na roca, Agardando que pase algo, Contravento e Dez anos ao vivo), o instrumental cede protagonismo á voz de Sonia Lebedynski e a sobriedade de antano vólvese frescura.

Volven con cambios significativos no seu plantel, ao que se incorporaron Xabier Olite (baixos) e Roberto Rama (gaitas, saxos e low whistles), en substitución de Xabier Bueno e Cris Gándara.

Tras a súa reinvención, Fía marcouse o obxectivo de ir a por todas e abrirse no mercado internacional. Busca facelo con este álbum no que reinterpreta o cancioneiro popular galego, facendo que soe actual, moderno, tras pasar polo cribo da banda, influída por mil estilos, que conserva o son elegante e os arranxos únicos que lle confiren un estilo singular.

NULL

Anos participación
Festival:
  • 2008