Header Image

FRANSY, DAVIDE E CIBRÁN

Galicia

Fransy, Davide e Cibrán é un grupo de música tradicional galega que une a tradición á vangarda musical. Fransy González (percusión e voz), Davide Salvado (percusión e voz) e Cibrán Seixo (violín procesado e Moog) son tres músicos de ampla traxectoria no panorama musical galego e internacional.

Da unión destas tres carreiras artísticas individuais xorde esta nova proposta musical e escénica baseada nun repertorio musical de raíz; mantendo un pé na terra e no celme das informantes, e outro no presente.

Fransy e Davide son transmisores da música tradicional galega, e, xunto á sonoridade contemporánea de Cibrán Seixo, aportan unha nova atmosfera á música tradicional, un espazo para melodías intensas e a escoita profunda.

Anos participación
Festival:
  • 2022