Header Image

Fred Morrison

Escocia

Gañador en sete edicións do Trofeo Macallan no Festival de Lorient e medalla de ouro en Oban e Inverness no esixente circuíto de composición de gaita escocesa, Morrison está considerado o mellor gaiteiro do mundo. Desenvólvese con mestría e inspiración, tanto coas gaitas escocesas (higland e border) como coas irlandesas ou coa frauta. O seu singular talento foi aclamado en todo o mundo, testemuñando en cada unha das suas actuacións o seu profundo espírito musical e os anos de dedicación.

A evocativa interpretación que realiza das melodías gaélicas está xustificada pola tradición gaiteira das illas Hébridas de Escocia, lugar no que se iniciou musicalmente da man do seu pai, instrumentista e xuíz das competicións de gaiteiros do seu país. Logo de anos como solista, uniuse a grupos como Clan Alba e Capercaillie e foi fundador do grupo gaélico Ceolas.

Desprega enerxía e un estilo altamente improvisado, no que combina a tradición da gaita gaélica coas influencias contemporáneas e eclécticas. De feito, da súa música escribiuse que é “o máis próximo ao jazz que se pode escoitar nunha gaita escocesa”.

Anos participación
Festival:
  • 2009
  • 2022