Header Image

Kepa Junkera

Trala súa primeira visita «non lle quedou máis remedio que compoñerlle e adicarlle un tema» a Ortigueira. A segunda foi no 2002, no día en que naceu a súa filla Sunne. O máis internacional dos trikitilaris vascos, Kepa Junkera, pisará de novo este ano as táboas da Alameda para presentar os temas do seu último álbum, Hiri, nunha cita na que non faltarán imprescindibles como a «Danza Ortigueira».

Con 14 álbumes, 8 singles, e numerosas colaboracións con artistas de todo o mundo, Junkera eríxese como un dos cabezas de cartel do Festival Ortigueira’07. O autor de Bilbao 00:00, Maren ou K regresa precedido do recoñecemento de crítica e público do seu traballo máis recente. Así, recibiu  este ano o Premio da Música á mellor canción en euskera e ocupou durante meses os primeiros postos na lista World Music Charts Europe.

En Hiri, o bilbaino recrea coa trikitixa o seu paso por cidades de todo o planeta, dende a que da nome ao disco ata Bos Aires, Nápoles, Agadir (Marrocos) ou Reno, entre outras. Fusiona as sonoridades musicais de distintos continentes, o son tradicional do País Vasco enriquécese con elementos da música africana ou o tango… demostrando así o carácter universal da música.
NULL

Anos participación
Festival:
  • 2007