Header Image

Mercedes Peón

Difícil de comparar con ninguén. Define a súa música como sincera, en feminino e moi libre. Lonxe de complexos, non dubida en mesturar folk e electrónica, en combinar letras tradicionais e modernas e en recurrir a instrumentos «alternativos». O seu é a innovación permanente. A coruñesa, que moitos coñeceron polo seu labor de difusión da música tradicional na TVG, saudará aos milleiros de festivaleiros que se darán cita na Alameda co anovado tema «Paralá», incluído outra vez no seu último traballo, Sihá.

A súa única presenza no Festival remóntase ao ano 2002, nun concierto histórico no que as composicións do álbum Isué (2000) deron paso aos do disco que ultimaba, Arjú (2003). Dos proxectos de éxito que a convertiron en referencia do world music.

Mercedes Peón- cantautora, arreglista, produtora, etnógrafa- é, hoxe por hoxe, a artista galega con maior proxección internacional. Con Sihá promete un dos directos «máis explosivos» da cita folk.

NULL

Anos participación
Festival:
  • 2007