Header Image

Orion

A piques de cumprir un cuarto de século, o grupo belga chega a Ortigueira coa súa aproximación á tradición celta. Temas bailables e enérxicos alternan con melodías tranquilas e cancións tradicionais.

Os seus tres primeiros álbumes («1990» «Blue room» e «Restless home») constitúe unha revisión da música menos coñecida de Turlough O’Carolán, arpista irlandés do século XVIII. Fronte a eles, no cuarto e último («Strawberry Town»), publicado a finais do 2009, o quinteto aposta funamentalmente por composicións propias.

A banda experimentou algúns cambios na súa formación,incluíndo músicos importantes na escena folk irlandesa, escocesa e bretoa.

Anos participación
Festival:
  • 2010