A banda de rock en galego máis veterana elixiu Ortigueira para despedirse do público. E é que tras quince anos de incesante actividade artística, Os Diplomáticos –de Monte Alto- toman un «merecido descanso».
O emblemático grupo coruñés puxo o colofón ao Festival 2005 co son mestizo de acordeóns e rock dos seus 15 anos de viaxe diplomática, un proxecto ecléctico que pretende achegarlle ao público a unión entre as sensacións percibidas neste longo periplo musical.
Para este concerto despedida embarcaron a todos os que participan ou participaron do grupo nestes anos. Noite de sorpresas e reencontros.
NULL
Anos participación
Festival:
- 2005