Header Image

Oscar Ibáñez & tribo

A do xoves será, en grande medida, unha noite de primeras oportunidades no Festival do Mundo Celta. O gaiteiro e folclorista pontevedrés Oscar Ibáñez debuta en Ortigueira coa súa banda Tribo, que agrupa a músicos de ampla traxectoria no eido do folk galego como Harry Price ou Paco Dicenta, co seu espectáculo “Alen do mar”, a modo de adianto do que será o seu primeiro álbum.

A proposta pretende irmandar musicalmente as culturas atlánticas usando a música galega como fío condutor nunha mestizaxe moderna e anovadora na que predomina a sonoridade celta.

Ibáñez, inspirado nas músicas de ida e volta e na temática da emigración galega a América latina fundamentalmente, desenvolve un labor a medio camiño entre a investigación e  a creación, co fin de realizar unha fusión sen límites.

Anos participación
Festival:
  • 2017