Header Image

STOLENNOTES

Sevilla

Nacen como formación en 2006 en Sevilla, no seo das chamadas jam sessions de música folk que, como en tantos outros lugares do mundo, practícanse semanalmente nos pubs irlandeses. En 2009 gravan o álbum de presentación, (xa esgotado) co que conseguen varios premios en concursos como no Folkez Blai de Ermua, o Festival Folk de Plasencia e nos Festivais PRAU de Cantabria.

En 2011 álzanse co Primeiro premio do concurso Runas do Festival Internacional do Mundo celta de Ortigueira (A Coruña), galardón que supón un trampolín para a carreira do grupo. En 2013 publican “The Loot”, o seu segundo traballo, gravado entre Sevilla, Glasgow e Oviedo. Contan coa colaboración de músicos recoñecidos mundialmente no Folk como Rubén Bada (Bouzouki) e o violinista escocés Rua MacMillan.

En 2018 o son do grupo renóvase e publican o terceiro álbum “The Ocean Road” co que actualmente están de xira de presentación, conmemorando as súas máis de dez anos de formación. Entre os numerosos concertos, destaca a participación en festivais como Irish Fleadh de Cáceres, Festival de Ortigueira, Festival das Máscaras (Lisboa), Noites nos Xardíns do Real Alcázar (Sevilla), Festival Celta de Zaragoza, Festival Intercéltico de Occidente (Asturias), Sons Do Atlántico (Lagoa, Portugal), Catalunya Celta (Baga, Barcelona), Universo Folk (Teatro Campoamor, Oviedo)…

Anos participación
Festival:
  • 2012
  • 2019
Runas:
  • 2011