Header Image

THE CELTIC SOCIAL CLUB

Creado en 2013 polo batería e produtor Manu Masko, The Celtic Social Club é fiel ás súas raíces, pero está sempre aberto a novas aventuras.

Formado por Manu Masko, Jimme O’Neill, Mathieu Pequeriau, Ronan Le Bars, Richard Puaud, Pierre Stephan e Goulven Hamel, o grupo alcanza un enerxético equilibrio entre reggae, tradición, hip-hop, rock e dubstep, ofrecendo co seu repertorio unha fresca visión das melodías celtas de Bretaña, Irlanda, Escocia e Asturias, ademais de procurar evitar clichés e estereotipos. A súa música é unha adaptación moderna da música celta, creando así unha síntese entre o contemporáneo e o tradicional.

O grupo realizou concertos en diferentes países, como Francia, Alemaña, Suíza, EE.UU…

Anos participación
Festival:
  • 2018