Unha das apostas seguras da edición. Trátase dun grupo escocés integrado por 14 músicos procedentes dalgunhas das formacións máis potentes do panorama folkie de Escocia. De feito, nas filas da agrupación militan membros de bandas renomeadas como Salsa Celtica ou Session A9, crecidos baixo a influencia de Shooglenifty e Wolfstone. A presenza en Ortigueira Treacherous Orchestra
suporá a estrea en España deste grupo innovador que, en apenas un lustro, conseguiu coarse na terna de finalistas dos «BBC Radio 2 Folk Awards 2013», na categoría de mellor grupo folk.