En 2008 Uxía volve por terceira vez ao Festival de Ortigueira, cunha dilatada e recoñecida carreira musical ás suas costas.
2006
Curtida en espectáculos corais, aínda colea a última edición de Cantos na maré xunto a artistas lusófonos, a vocalista de Mos repite por segundo ano consecutivo en Ortigueira. Presta a súa voz e o seu estilo, marcadamente persoal, a este encontro musical. Trátase, en definitiva, dun novo intercambio de culturas e dunha nova oportunidade para unha artista en continua búsqueda. Compositora, cantante… Uxía (Danza das areas, Estou vivindo no ceo…) revisará para a ocasión temas clásicos e pezas do repertorio popular galego, ademais de presentar algún que outro tema inédito.
2005
A programación artística do 2005 completouse cun espectáculo intimista, creado especialmente creado para o Festival pola cantante Uxía, encargada tamén da dirección, no que se fixo un percorrido polas composicións da música galega na diáspora. Na terra, no mundo (Na casa, no mundo) repasou os temas que deixaron honda pegada mna memoria colectiva dos galegos e outros baseados en textos literarios sobre a emigración.
Música e literatura foron para millóns de galegos emigrados e exiliados unha sorte de lazo de unión coa súa terra. E así, composicións inspiradas no recordo de Galicia son hoxe clásicos do repertorio da nosa música popular. O espectáculo, realizado no último día do certame no Teatro de Beneficencia, revitalizou estas pezas «reivindicando esas cancións e o seu valor identitario e estético».
Unha noite na eira do trigo, Lonxe da terriña, Negra sombra de Rosalía de Castro ou o Alalá das Mariñas integraron o repertorio deste concerto especial no que o piano e o acordeón do portugués Paulo Borges e a voz de Uxía recrearon, ante un público cómplice, a «epopeia galega na emigración».
- Máis Información: Web oficial de Uxía Senlle
Anos participación
Festival:
- 2005
- 2006
- 2008