Header Image

Värttinä

Regresan ao Festival para celebrar o seu 25 aniversario. O trío de mulleres, que confire a súa forza a Värttinä, volverá sorprender os folkies coas súas piruetas vocais.

Xurdiu como un grupo folclórico de  xente nova, basicamente rapazas, que, coas súas voces e o seu kantele (a cítara), interpretaban temas tradicionais de Carelia, unha rexión moi próxima á fronteira rusa. A formación, que é hoxe a banda de maior proxección internacional do país dos grandes lagos, evolucionou co tempo cara a un son que combina a harmonía coral finlandesa, con temas modernos, instrumentos acústicos e electrónicos, e arranxos novidosos.

O proxecto musical fundado polas irmás Kaasinen tira no seu repertorio de temas universais femininos, cantados precisamente no dialecto da súa rexión. Completan o plantel cinco homes que tocan acordeón, guitarra, contrabaixo, bouzuki, violín e saxo e aparecen relegados a segundo plano, cedendo protagonismo ao suxestivo xogo das voces de Susan Aho, Mari Kaasinen e Johanna Virtaten.

Será a segunda vez que Värttinä (nome en finlandés do fuso das fiadeiras) suban ao escenario da Alameda. A formación, coautora da banda sonora e do musical de «O señor dos aneis», volve para presentar 25, un recompilatorio co mellor do súa extensa carreira.

NULL

Anos participación
Festival:
  • 2008