Header Image

Radio Tarifa

Propoñen unha interpretación creativa da herdanza folclórica de Al-Ándalus. É dicir, da música árabe andalusí, dos folclores casteláns, dos andaluces, dos magrebíes… a fin de contas todos se basean nos ritmos, linguaxes e instrumentos daquela.

A banda, que fundaron en Madrid o percusionista e investigador da música medieval Faín S. Dueñas, o especialista en frauta árabe Vincent Molino e o cantaor granadino Benjamín Escorida, conseguiu en pouco máis dunha década ocupar os primeiros postos nas listas de world music de medio mundo, especialmente no anglosaxón, cun estilo que renuncia a purismos e academicismos. Fiebre, o seu último disco, un directo gravado en Canadá, foi nominado nos Grammy latinos como mellor álbum de folc.

NULL

Anos participación
Festival:
  • 2005