Cargando...

Nin hippies nin 17. Desde Alemania chega unha das bandas destinadas a converterse en revelación. Esta formación mestiza e desenfadada, que ofrece pezas instrumentais alternadas con cancións propias en inglés, francés e alemán, meterá no peto aos festivaleiros co seu directo enérxico.

Liderado por Christopher Blenkinsop e o seu ukelele, o grupo reinterpreta sons tradicionais doutros países, como o klezmer do Este, a polca ou  a chanson francesa. E faino fundíndoo co pop e rock, estilos dominantes na escena berlinesa na que emerxe a formación, sen que por iso perdan o seu aroma folclórico.
 
Tras doce anos de continuos concertos por toda Europa e outros tantos discos publicados, a banda xira con 13 músicos, que achegan ao proxecto unha espectacular riqueza instrumental. Contrabaixo, banxo, ukelele e guitarra dan a base rítmica, en tanto que a melodía a  poñen os violíns, o violonchelo, o acordeón, o clarinete, a trompeta e o trombón. Todos se van sucedendo no escenario. Presentan Heimlich  (en segredo), o seu último disco. Garanten festa por todo o alto.