Cargando...

Tributo a The Bothy Band por parte dun solvente equipo de músicos irlandeses, todos eles influenciados polo mítico grupo folk, fundado por Donal Lunny e desaparecido a finais dos setenta.

 

O legado daquela banda, en forma dos álbumes de estudo "The bothy band", "Old hag you have killed me" e "Out of the wind into the sun" e o directo do que toman estes seguidores o seu nome, cobra actualidade en pleno século XXI.

 

A iniciativa do violinista Kane O'Rourke, fundouse este septeto que busca revivir os espectáculo da banda orixinal. O proxecto, que tomou corpo no Open House Festival o pasado ano, traerá de novo a Ortigueira, entre outros, ao flautista de Capercaillie, Michael McGoldrick.