Cargando...

Para moitos, o conxunto de violíns máis emocionante e memorable dos últimos tempos. Os “Blazers” souberon capturar como ninguén na última década a forza, o sentimento e todos os matices da música tradicional escocesa. Cun directo máis que poderoso, o sexteto, xurdido a finais dos noventa nas Highlands, debuta en Ortigueira, co seu quinto álbum, o primeiro desde a incorporación á banda da nova violinista e a nova guitarra.  “Thursday night in the Caley”, que así se chama, reflicte perfectamente o espírito enérxico destes 'violíns ardentes'. No seu haber, os premios ao mellor directo e o mellor álbum (“Magnificent seven”) nos Scot Trad Music Awords dos anos 2004 e 2005, respectivamente.