Cargando...

O frautista do desaparecido grupo Flook volve a Ortigueira liderando a súa propia banda, onde se acompaña de boa parte dos integrantes do mítico cuarteto, cuxa volta se está anunciando para 2012, como Ed Boyd ou John Joe Kelly, e de integrantes doutro dos proxectos musicais nos que anda metido, Kan, como o violinista Aidan O´Rourke.

Pouco cómpre dicir do virtuosismo de Finnegan, considerado por moitos un dos grandes baluartes da anovación da música tradicional irlandesa.  Deixou boa muestra do seu talento nos trece anos  que estivo á fronte de Flook e, anteriormente, co seu primeiro disco en solitario “When The Party’s over” (1993).

Na súa nova entrega, “The Ravishing Genius of Bones” lanzada en marzo de 2010,  outra vez a  frautas emerxen como grandes protagonistas, marcando en solitario a melodía, en tanto que a parte rítmica vén dada pola  guitarra, violín e bodhran.

Imaxe do folk máis actual, Finnegan e o poderoso directo da banda, sen dúbida algunha, será  un dos pratos fortes da presente edición do Festival.