Header Image

Dervish

O seu primeiro disco, publicado en 1991, foi definido como “un modelo para a música tradicional irlandesa”. Produciu o éxito mediático do grupo, conlevou o seu inmediato despegue internacional e contribuíu á súa evolución artística. Coa traxectoria plagada de premios e recoñecementos, Dervish, que pasou polo Festival de 1996, destaca, na actualidade, pola súa espectacular posta en escea e polo seu poderoso son directo, combinación ben artellada de mandolina, frauta, violín, acordeón, bouzoki, bodhrán e voz.

Baladas, reels, jigas… o seu repertorio conta con temas instrumentais tanto tradicionais como de nova creación, e temas vocais, interpretados pola singular Cathy Jordan. Os seus últimos discos editados son “Spirit” (2003) e máis a escolma “A Healing Heart”, do pasado ano.

Os últimos representantes de Irlanda en Eurovisión -un certame no que non encaixaban- volven a Ortigueira para demostrar o bo momento que atravesan, a punto de publicar novo traballo.

NULL

Anos participación
Festival:
  • 2007