Cargando...

A agrupación asume en 2013 a organización da sesión inaugural e desfílelos de bandas da cita folk. Ademais, como todos os anos, a formación fundadora do Festival, en tempos de Xavier Garrote, participa na sesión de concertos do venres.

A banda de gaitas decana de Galicia, creada en 1975, sendo precursora do posterior movemento gaiteril, sobe ao palco Estrella Galicia con medio cento de músicos, entre gaiteiros, percusionistas e cadro de baile, para presentar un repertorio puramente tradicional de música e baile galego.

Dirixida por Rodrigo López, constitúe unha auténtica institución no municipio, e mantén viva a reivindicación do papel a gaita galega na nosa cultura.