Cargando...
Virtuosismo e sinxeleza. É o que ofrece esta formación anglo- irlandesa, distinguida no último ano como a mellor banda de folk polos premios que concede a cadea BBC. O grupo debuta en Ortigueira presentando os temas do seu terceiro e último traballo, polo momento, "Haven". Como nos seus anteriores discos ("Flatfish" e "Rubai"), as frautas de Sarah Allen e de Brian Finnegan eríxense como as grandes protagonistas deste proxecto, marcando en solitario a melodía. A parte rítmica póñena a contundente guitarra de Edmund Boyd e o bodhran progresivo de John Joe Kelly.

O resultado é un son rotundo que engancha ao público nos seus potentes directos.Temas modernos pero de corte tradicional e con profusión de elementos irlandeses compoñen o repertorio do grupo- xurdido en 1995 co nome de Fluke e con Michael McGoldrick como membro integrante. Icona do folk máis actual, o seu conceerto está chamado a ser un dos pratos fortes do Festival.

NULL