Cargando...

Os asturianos Gatos do Fornu preséntanse ao Proxecto Runas en 2004 e saen gañadores do certame, o que lle outorga o dereito a actuar no escenario principal en 2005. 

Son un colectivo xurdido da confluencia de grupos culturais e procedentes do conservatorio ovetense. O seu obxectivo, recoller e divulgar a música tradicional asturiana con instrumentos propios da súa terra. Unha sorte de "bandina", das que animan festas e romarías, que foi evolucionando e ampliando o seu repertorio con pezas de composición propia.