Cargando...

Unha das bandas irlandesas máis solicitada do momento. Considérase un dos grupos máis anovadores e creativos do folk actual, o que lle valeu o recoñecemento dentro da escea musical do seu país. De feito, grazas ás súas actuacións cargadas de enerxía, aos seus arranxos que quitan a respiración e ás súas melodías pegadizas, a crítica asegura que representan “o son máis fresco na música irlandesa”. 

O quinteto instrumental aglutina nomes tan importantes como os dos recoñecidos Padraig Ryne, que se encarga da concertina, o bretón Sylvain Barou, das flautas, Paul McSherry das guitarras, Tola Custy ao violín e Karol Lynch ao bouzouk. Guidewires repasará en Ortigueira os temas dos seus dous primeiros álbumes “Live” e “II”, que inclúe entre os seus temas unha melodía composta polo grupo español La Musgaña.