Cargando...

É responsable directo da crecente influencia do folc galego nun país como Bélxica. O grupo, integrado por cinco cantareiras descendentes de emigrantes da nosa terra e outros tantos instrumentistas belgas, pega forte no país coa súa revisión, marcada polas influencias valoas  e flamencas, da música tradicional de Galicia.

Un estilo persoal e moderno no que instrumentos como a gaita ou a pandeireta se mesturan con acordeóns, contrabaixos, piano... e que pode observarse no seu primeiro traballo Palabras darei –2000- e no máis recente Marmuladas –2002-. Axuda o tirón da eurovisiva Verónica Codesal, solista tamén do grupo Urban Trad. Un proxecto punteiro que deixa ver a proxección da terra –interpretan pezas recollidas aquí- na produción artística da Galicia exterior.

NULL