Cargando...

Potencia e diversión... o grupo, evolución do antigo Mabon (2000), preséntase no Escenario Estrella Galicia cunha mestura insaciable de músicas do mundo, raíces celtas e funk vibrante á que resulta imposible resistirse. Cun frenético repertorio, cheo de temas optimistas, o sexteto que lidera o espectacular acordeonista Jamie Smith e incorpora, entre outros ao flautista Calum Stewar, finalista do concurso de Novos valores da músca escocesa, promete levantar ao público. Aclamados pola crítica, o seu disco 'Live at the Grand Pavilion' obtivo o premio ao “Mellor álbum Instrumental” nos Spiral Awards 2011 e preparan xa novo álbum para finais de ano. Festa asegurada.