Cargando...

O frautista Brian Finnegan e Aidan O'Rourke, homes á fronte das dúas bandas probablemente máis reverenciadas na escena folk irlandesa, Flook e Lau, unen as súas forzas con dous dos máis brillantes artistas do mundo do ritmo e o acompañamento, para por en marcha este retador e anovador proxecto musical. O cuarteto presentará en Ortigueira o seu álbum debut como grupo, “Sleepers”.