Cargando...

A revolución do folc irlandés chega a Ortigueira. A banda deuse a coñecer no noso país o pasado ano, pero leva xa ás súas costas quince anos de carreira e seis álbumes gravados. O seteto leva a música tradicional do seu país ao límite das súas posibilidades rítmicas: no seu repertorio pezas en gaélico conviven con instrumentos do máis diverso, dende gaitas e frautas ata guitarras, ritmos irlandeses de sempre mestúranse con percusións africanas. O seu é unha procura continua do novo, do diferente, rompendo vellos tópicos. Aterran para presentar o seu mellor traballo, Luna Park, nun directo que promete ser enérxico.