Cargando...

A tradición musical asturiana toma corpo en Llan de Cubel. O grupo, empeñado desde as súas orixes, alá polo 1989, na revitalización da música popular, volve a Ortigueira co reclamo de ser pioneiro no panorama folk da súa terra e referencia irrenunciable para as novas bandas. Os seus álbums, basicamente instrumentais, beben das recollidas realizadas polos grupos de investigación etnográfica. O seu paso polo Festival deixará unha boa colección de temas populares, interpretados con instrumentos tamén tradicionais, e tal vez para avanzar algún dos  novos temas que están comezando a gravar.

NULL