Cargando...

Decidida a converterse na banda revelación desta edición. O grupo irlandés, xurdido a finais do 2011, debuta cunha efectiva proposta de fusión que combina música tradicional irlandesa con outros xéneros como o rock e o 'new age bluegrass'.

O quinteto, gañador de "The Spirit of Folk Awards" e integrado por músicos moi novos, sacou ao mercado o seu primeiro álbum a finais do 2013. A súa presenza en enmárcase na aposta permanente do Festival do Mundo Celta polos novos valores do folk europeo.