Cargando...

Regresa a Ortigueira cun espectáculo especial, concibido para o pequeno Teatro de Beneficencia, no que a habitual proposta percusiva fusionarase coa gaita. Desde a súa estrea no Escenario Estrella Galicia en 2008, o grupo (Ton Risco, Juan Collazo, Roberto Oliveira, Antonio Ocampo, Paulo Silva e Lester Rodríguez), caracterizado pola súa coidadísima escenografía, orixinalidade e son mestizo, non deixou de afianzarse. Odaiko, a banda que toma nome da variante xigante do tambor tradicional xaponés, volverá sorprender.