Cargando...
Un dos monstros do folc escocés. Instrumentista, produtor, creador... Cunningham é considerado o acordeonista máis anovador e creativo de todos os  tempos. Na súa longa traxectoria conseguiu crear estilo e fixar as pautas de toda a produción acordeonística actual, contribuíndo ademais a dignificar o papel deste instrumento dentro da música tradicional.

O seu prolífico repertorio está na base do éxito de numerosas formacións de todo o mundo. Cunningham é tamén produtor de grupos como Wolfstone e compositor dun bo número de bandas sonoras. Este mago do mundo celta, que xira co violinista Aly Bain, chegou a Ortigueira cunha música sinxela e directa.

NULL