Cargando...

O violinista Ruairidh Macmillan, premiado en 2009 co prestixioso título de “Novo músico tradicional escocés do ano” pola BBC Radio, debuta no Festival Ortigueira, tras varias tempadas en xira para intentar facerse un oco no panorama folk escocés.

Rua, ao que moitos definen como a promesa máis brillante da música tradicional escocesa   acompáñase no escenario doutros dous valores emerxentes como son Tia Files á guitarra e Adam Brown ao bodhran.

Presentan no Internacional del Mundo Celta os temas do seu álbum debut, “Tyro, editado a mediados do pasado ano.