Cargando...

 

Terceira visita do sexteto a Ortigueira. É, sen dúbida, a banda celta escocesa con máis gancho entre os mozos. Exemplo de fusión e referente da renovación do folk, presenta un son poderoso, resultado da mestura sen contemplacións de música tradicional, electrónica e rock progresivo.

 

O violín de Agnus Grant, que centra todas as miradas,combínase con guitarra eléctrica e acústica, baixo, percusión, mandolina e banjo demostrando a súa solvencia á hora de crear ritmos contundentes.Nada mellor que un directo para descubrir a grandeza desta banda.

 

Tras case dúas décadas de traxectoria e con sete discos no mercado- entre os máis recentes "Troots" e "Radical mestizo"- volven ao Festival para repasar os temas do seu CD dobre "Murmichan" (2009) nun concerto no que non faltarán os seus clásicos.