Cargando...

Melodías rotundas e de calidade para un directo que promete. Solas, a banda celta máis popular e influente de EEUU, ameaza con impoñer a súa luz (significado da palabra gaélica que lle dá nome) na noite grande do Festival. O quinteto, liderado por Seamus Eagan, conseguiu actualizar a música popular irlandesa, incorporando instrumentos non tradicionais (guitarra, "banjo"...) e un uso explosivo dos ritmos e das voces. Debutan na nosa  cita folk presentando o recompilatorio que reúne o mellor dos seus dez anos xuntos.

NULL