Cargando...
O seu forte son os directos contundentes. Esta xove banda eslovena atopou en Ortigueira a forma do seu zapato. Chegaron avalados por premios como o da BBC-Radio en 2003 e prometendo un ritmo irresistible, un proverbial dominio de instrumentos –violín, guitarra e clarinete como núcleo orixinal- e bo rollo como armas para facerse co público.

A banda, liderada polo violinista Bojan Cvetreznik, comezou como trío a finais do 2000, cunha improvisación nun festival do seu país, e sumou o pasado ano un novo membro –acordeón e baixo- coincidindo coa publicación do seu cuarto traballo: N'Taka

. Composto por músicos de procedencias diversas como o jazz, a música clásica, o rock ou o folc, Terrafolk está marcada ademais pola situación de Eslovenia no mapa. Troula e eclecticismo.

NULL