Cargando...

O Concello de Ortigueira, a través do Festival internacional do Mundo Celta, convoca o Proxecto Runas de novos valores da musica folk para o ano 2018.

Todas as formacións interesadas poden presentar súa candidatura para, de ser seleccionadas, poder actuar no Festival 2017 e 2018.

Os requisitos de participación son, entre outros, os seguintes:

a) os grupos musicais estarán formados por un mínimo de catro e por un máximo de dez compoñentes,

b) Contarán cun repertorio mínimo de 50 minutos.

c) No poderán participar bandas ou formacións que se clasificaron para a final do Proxecto Runas na edición do 2017.

As formacións interesadas deben presentar de catro temas musicais, dos cales polo menos tres, serán de creación propia , un Dossier informativo do grupo e outros documentos.

 

O prazo para presentar as candidaturas finaliza o próximo 13 de Abril de 2018.

 

O sistema de selección ten de varias fases, incluíndo votacións na paxina web do festival e un xurado final profesional.

Os tres grupos seleccionados para a final, serán anunciados na páxina web o xoves día 10 de maio de 2018.

Os grupos seleccionados actuarán no escenario Estrella Galicia o xoves 12 de xullo, y terán un tempo de actuación de 45 minutos.

O grupo vencedor actuará no año 2019 no escenario do festival, e por cuxa actuación recibirá un caché de 3.000 euros, ive incluído.