Cargando...
Recentemente chegada ao circuíto folk, a violinista conquense lidera un proxecto persoal que bebe directamente da tradición musical irlandesa. A súa proposta de fusión- recollida nos álbums Tir nan Og e, máis recentemente, Mientras el cielo no se caiga- achégase ás sonoridades celtas pola vía do rock e con decidida vontade de integrar ritmos actuais como o jazz, o funkie ou o ska. Batería, teclados, baixo e guitarra eléctrica reforzan en escena ao violín eléctrico de Judith Mateo.

O seu repertorio, que conxuga lecturas vigorosas de pezas tradicionais e composicións propias, é na súa maioría instrumental, aínda que nos seus cañeros directos cede terreo aos temas vocais. A castelán manchega, activista da Asociación de artistas contra a violencia de xénero, debuta en Ortigueira tras actuar no Viña Rock.