Cargando...

Volve a Ortigueira para celebrar o seu 25 aniversario. A súa última visita, no ano 2005, coincidiu con outro momento histórico do grupo, a estrea da súa actual vocalista, a lisboeta Sara Louraço Vidal.

O mítico grupo, sen dúbida, un dos de maior proxección internacional da nosa terra, chegará ao certame en plena presentación do seu novo álbum de estudo, “Solsticio”, de inspiración na lírica medieval galego portuguesa. Trátase dunha volta ás orixes musicais do grupo, tras o proxecto “Ao Vivo”, un directo no que repasaban os seus temas máis celebrados, merecedor do Premio da música ao mellor álbum de música tradicional (o segundo da súa carreira, tras o concedido por “Camiños da fin da terra”).

A banda de Bieito Romero, que leva vendidas máis de 300.000 copias dos seus traballos, sendo "Plenilunio" e "Cabo do mundo" discos de ouro por superar as 50.000, recupera neste disco a zanfona e aposta polas novas tecnoloxías, polas programacións e as guitarras eléctricas.

Embaixadores de Galicia neste 2011, declarado pola Xunta de Galicia, “Ano da música”, a súa presenza en Ortigueira garante calidade e festa da boa.